O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NAS CLASES DE BAILE DE SALÓN QUE PROMOVE A ASOCIACIÓN ARAMA
As persoas interesadas poden anotarse ou informarse nos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427
O curso arrinca o 18 de setembro no CEIP Península da Paz, en San Ciprián e en Cervo, se se formase grupo
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar no CEIP Península da Paz, en San Ciprián, e en Cervo se se formase grupo.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino e pola profesora Sara Morales.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.
O curso está previsto que arrinque o próximo 18 de setembro.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.