O CONCELLO DE CERVO AGRADECE ÁS CRIANZAS, ÁS FAMILIAS E Á ANPA DO CEIP PENÍNSULA DA PAZ A SÚA IMPLICACIÓN NA CABALGATA DE REIS DE SAN CIPRIÁN

Como agradecemento, os propios Reis Magos fixéronlles chegar unha carta personalizada na que lles agradecían o seu traballo e axuda durante a cabalgata, Image removed.desfrutaron dun chocolate con churros e levaron unha caixiña con bombóns como agasallo.

O Concello de Cervo agradece ás crianzas, ás familias e á ANPA do CEIP Península da Paz a súa colaboración e implicación na Cabalgata de Reis de San Ciprián, que fixeron posible unha tarde chea de ilusión e momentos para lembrar.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, compartiron a tarde deste luns cos nenos e nenas que exerceron de paxes, recoñecendo o seu papel fundamental para que a cabalgata fose todo un éxito.

Como agradecemento, os propios Reis Magos fixéronlles chegar unha carta personalizada na que lles agradecían o seu traballo e axuda durante a cabalgata, Image removed.desfrutaron dun chocolate con churros e levaron unha caixiña con bombóns como agasallo.

Desde o Concello queremos poñer en valor a participación das familias e a colaboración da ANPA, clave para que todo se desenvolvese nun ambiente de festa, convivencia e ilusión.

Grazas a este traballo conxunto seguimos mantendo vivas as tradicións e creando lembranzas inesquecibles para as nosas crianzas.

Graciñas!