O CONCELLO DE CERVO ACONDICIONA DIFERENTES ZONAS DO LITORIAL CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 50.000 EUROS DOS FONDOS NEXT GENERATION
A actuación contempla a mellora dos accesos á Praia do Torno, a instalación das estruturas das duchas ou a instalación de aparca bicicletas
O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora e acondicionamento do litoral enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos Fondos NextGenerationEU.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a Praia do Torno para ver in situ a actuación que contempla a mellora dos accesos, a instalación das bases das duchas e de varios aparca bicicletas na contorna do paseo “para equipar á praia destes elementos que cada día son máis requiridos polas persoas usuarias deste recursos natural do noso municipio”.
En concreto, a actuación supón un investimento próximo aos 50.000 euros – 48.312,87 euros exactamente- e permitirá dotar a esta zona tan frecuentada durante o verán de mellores infraestruturas e equipamentos adaptados e integrados co medio que tamén contribuirán a mellorar a estética e a accesibilidade e farán máis confortable a estancia nas nosas praias nestes meses de verán, apuntou a rexedora.