O CONCELLO DE CERVO ACOLLEU O VII TORNEO MARUXAINA DE TENIS DE MESA

Os trofeos foron entregados pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que quixo acompañar aos participantes e poñer en valor o éxito dun torneo que xa é unha cita imprescindible do calendario deportivo estival.

Esta fin de semana acollimos o VII Torneo Maruxaina de Tenis de Mesa da man do C.d. San Ciprián, reunindo a xogadores de Galicia, Asturias, Castela-A Mancha e Italia.

A clasificación final foi a seguinte:

 1.º Braulio Gayoso (TM Luarca)

 2.º Eugenio Alonso(CD San Ciprián)

 3.º Carlos Ron (Atletic Génova TM)

 3.º Domingo Larriety (TM Luarca)

Os trofeos foron entregados pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que quixo acompañar aos participantes e poñer en valor o éxito dun torneo que xa é unha cita imprescindible do calendario deportivo estival.

 Parabéns aos gañadores, a todos os xogadores participantes polo gran nivel demostrado durante toda a xornada, e ao CD San Ciprián, pola magnífica organización deste evento, que continúa consolidándose como un referente do tenis de mesa no norte peninsular.