O CONCELLO DE CERVO ACOLLEU O PROVINCIAL DE XOGADE CON PRETO DE 300 PROMESAS

Na entrega de medallas participaron a alcaldesa Dolores García Caramés e o concelleiro Alfredo Fernández, compartindo coa rapazada e coas familias unha xornada para o recordo.

Este domingo, as pistas de atletismo da Veiga acolleron o Provincial de XOGADE nas categorías benxamín e alevín, nunha xornada chea de esforzo, ilusión e gran nivel deportivo.

Dende o Concello de Cervo queremos dar os parabéns a todos os clubs e atletas participantes polo seu traballo e compromiso co deporte base. Image removed.Image removed.

Especialmente orgullosos do papel dos nosos clubs locais:

Image removed. O CD San Ciprián conseguiu unha fantástica medalla de prata.

Image removed. O Maderas Barcia Cervo volveu demostrar o enorme potencial da canteira mariñá, liderando a representación da comarca con 5 ouros, 3 pratas e 3 bronces, rozando xa o trono provincial do atletismo de promesas.

Na entrega de medallas participaron a alcaldesa Dolores García Caramés e o concelleiro Alfredo Fernández, compartindo coa rapazada e coas familias unha xornada para o recordo.

 Orgullo do noso deporte base