O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ UN CURSO GRATUÍTO DE RECICLAXE DE SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

A formación desenvolverase na Casa da Cultura e na piscina municipal os días 26 e 27 de abril

 As inscricións pódense formalizarse a través da ligazón https://agasp.xunta.gal/gl/course/252120, ata o 21 de abril

O Concello de Cervo acollerá un curso gratuíto de Reciclaxe de Socorrismo en espazos acuáticos naturais dixixido aos profesionais deste ámbito, especificamente para persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a inscrición.

As clases impartiranse en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.