O CAMPAMENTO A CARÓN DA MARIÑA DE VISITA NA FÁBRICA DE SARGADELOS

Este venres recibimos a visita dos participantes do Campamento A Carón da Mariña que desfrutan da súa estancia na Devesa, en Ribadeo e que levan a cabo unha ruta de interpretación ambiental do 'Camiño Real de Sargadelos.

A rexedora, Dolores García Caramés, recibiu ao grupo na Fábrica de Sargadelos en compañía da Directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega e do director territorial de Xuventude, Manuel Antonio Fernández.

A alcaldesa quixo felicitar á Xunta por esta iniciativa bautizada como o Teu Mellor Verán dirixida a esta franxa de idade de 18 a 30 anos. E convidou aos participantes a desfrutar da experiencia e da visita a un lugar emblematico do noso patrimonio referente en toda Galicia, como é Sargadelos.