O CAMIÑO GASTRONÓMICO DO MAR PARTIU ESTE DOMINGO DE CERVO NA SÚA TERCEIRA ETAPA
O camiño discorreu entre os municipios de Cervo e Xove
A rexedora cervense Dolores García Caramés e o seu homónimo Demetrio Salgueiro recibiron aos camiñantes na Casa do Mar, que foi o punto de partida.
A campaña, promovida pola Asociación Amigos do Camiño do Mar e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, buscar fomentar o consumo de peixe, promocionar o “Camiño do Mar” e exaltar hábitos de vida saudables como son a práctica de deporte e manter unha dieta equilibrada.