A MAXIA DO SAN XOÁN CHEGOU Á ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
A celebración contou coa compañía da alcaldesa, Dolores García Caramés, que quixo compartir con elas e eles este día tan especial.
A maxia do San Xoán tamén chegou á Escola Infantil Municipal!
Este 23 de xuño, as crianzas viviron unha xornada chea de ilusión, xogos e tradicións nunha das festas máis populares e queridas da nosa terra.
A celebración contou coa compañía da alcaldesa, Dolores García Caramés, que quixo compartir con elas e eles este día tan especial.
Como gran novidade deste ano, as pequenas e pequenos sorprenderon creando a súa propia comisión de festexos, **"As Mixiricas"**, encargada de repartir sardiñas entre os compañeiros e compañeiras, demostrando organización, entusiasmo e moitas ganas de festa.
Non faltaron os tradicionais saltos das cacharelas, a degustación de sardiñas, a música, as risas e os obradoiros creativos, dándolle forma a decorativas sardiñas que axudar a facer un clima do máis especial na xornada.
Un San Xoán inesquecible no que aprenderon, compartiron e gozaron dunha das tradicións máis populares de Galicia