MÁIS DE 300 PARTICIPANTES CORRERON POLA PAZ NA CARREIRA SOLIDARIA ORGANIZADA POLO CEIP PENÍNSULA DA PAZ
Este mércores, as pistas de atletismo municipais de Cervo enchéronse de deporte, convivencia e solidariedade coa celebración da iniciativa “Corremos xuntos, chegamos xuntos”, organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz.
Corremos xuntos, chegamos xuntos
Este mércores, as pistas de atletismo municipais de Cervo enchéronse de deporte, convivencia e solidariedade coa celebración da iniciativa “Corremos xuntos, chegamos xuntos”, organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz.
A alcaldesa Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias e a edil Mali Méndez achegáronse ata as pistas para animar ás persoas participantes e compartir esta fermosa xornada.
Máis de 300 participantes dos centros educativos do municipio -Ceip Península da Paz, Ceip de Cervo e IES Marqués de Sargadelos- e de diferentes entidades e colectivos —como Saúde Mental A Mariña, Aspanane ou o Centro de Día Residencia— tomaron parte nun evento solidario no que tamén se recolleron alimentos para a Cruz Roja e o banco de alimentos.
Carreiras adaptadas, lectura de manifestos pola paz, música, merenda e moito compañeirismo fixeron desta xornada un exemplo de inclusión, respecto e solidariedade a través do deporte.
Parabéns ao CEIP Península da Paz pola organización, ás entidades colaboradoras, ao voluntariado e a todas as persoas implicadas por facer posible unha actividade tan especial e chea de valores.