FINDE ANFIBIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25N · Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Durante este fin de semana, no marco do noso Finde Anfibio, os nenos e nenas participaron nunha actividade creativa co obxectivo de reflexionar sobre a igualdade e o respecto.
O resultado foi este fermoso mural, cheo de bolboretas, flores e mensaxes que representan liberdade, convivencia e esperanza.
Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a súa participación e lembrar a importancia de educar ás novas xeracións en valores que constrúan un futuro sen violencia.
25N – Contra a violencia machista, unidade e conciencia.
Medrando en igualdade