AS CRIANZAS DE CERVO CONCILIA MÉTENSE DE CHEO NA LENDA DA MARUXAINA CUNHA PROGRAMACIÓN ESPECIAL
Ao longo destes días, os nenos e nenas están a realizar todo tipo de traballos e obradoiros inspirados na figura da Maruxaina, elaborando manualidades, debuxos e outras creacións artísticas, ao tempo que coñecen a historia e a tradición desta lenda mariñeira, un dos sinais de identidade máis importantes do municipio.
As crianzas participantes no programa Cervo Concilia están a dedicar esta semana boa parte das súas actividades a descubrir e recrear a lenda da Maruxaina, coincidindo coa celebración da festa, que terá o seu gran día este sábado en San Ciprián.
Ao longo destes días, os nenos e nenas están a realizar todo tipo de traballos e obradoiros inspirados na figura da Maruxaina, elaborando manualidades, debuxos e outras creacións artísticas, ao tempo que coñecen a historia e a tradición desta lenda mariñeira, un dos sinais de identidade máis importantes do municipio.
Con esta iniciativa, o Concello de Cervo busca achegar ás novas xeracións o patrimonio cultural e inmaterial de San Ciprián, fomentando o coñecemento das tradicións locais a través de actividades lúdicas e educativas adaptadas ás diferentes idades.
A programación especial arredor da Maruxaina permite que as crianzas vivan de preto o ambiente previo á festa e participen activamente na súa difusión, contribuíndo a manter viva unha lenda que forma parte da historia e da identidade de San Ciprián.
Deste xeito, Cervo Concilia suma a súa programación á conta atrás para unha das celebracións máis agardadas do verán, na que veciñanza e visitantes volverán reunirse este sábado para render homenaxe á lendaria Maruxaina.