COMPLETAN A SÚA AVENTURA SOLIDARIA POLO DESERTO DE MARROCOS NO CHATARRAS RAID

chatarras raid

 Os catro participantes mariñáns do Chatarras Raid, José Ángel, Aitor, María Inés e Lara, completaron o seu percorrido polo deserto de Marrocos, poñendo o broche final a unha experiencia que combinou aventura, compañeirismo e, sobre todo, solidariedade.

 A pesar de ter que facer fronte a condicións meteorolóxicas adversas nalgúns momentos do traxecto, o equipo conseguiu culminar este reto e cumprir tamén co obxectivo solidario da iniciativa, facendo entrega dos alimentos non perecedoiros que lles achegamos desde o Concello de Cervo.

Esta aventura, que percorre centos de quilómetros polo territorio marroquí, vai máis alá do desafío automobilístico, xa que incorpora unha importante dimensión solidaria, colaborando coa entrega de material e produtos de primeira necesidade ás comunidades locais.

 Desde o Concello de Cervo queremos felicitar a José Ángel, Aitor, María Inés e Lara por completar esta experiencia, polo esforzo e a capacidade de superación demostrados e, especialmente, polo seu compromiso solidario, levando tamén un anaquiño de Cervo ata Marrocos.

Parabéns aos catro por esta gran aventura e por demostrar que a solidariedade non entende de distancias!