CERVO, DESTINO DE NÓMADAS DIXITAIS CO NOVO PROXECTO COWORKING AZUL COBALTO
O novo Coworking Azul Cobalto, que abrirá as súas portas a primeiros de ano na Sala Cultural Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos
A prensa escrita faise eco hoxe dunha iniciativa pioneira que se impulsará en Cervo.
O novo Coworking Azul Cobalto, que abrirá as súas portas a primeiros de ano na Sala Cultural Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, converterase nun espazo destinado a impulsar o talento, favorecer o emprendemento e atraer ??́????? ???????? ao noso concello.
Un proxecto innovador que combina cultura, creatividade, industria e historia, e que reforza a aposta de Cervo por un modelo de desenvolvemento sustentable e conectado co futuro.