CERTAME VERSOS DE ROSALÍA

Este próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.

Para conmemorar ese Día, desde o Concello de Cervo, queremos convidarvos a participar no concurso "VERSOS DE ROSALÍA"

Envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...)Image removed.Image removed.Image removed.Image removed.Image removed.

Valorarase a orixinalidade

Establécense dúas categorías: SÉNIOR e XUVENIL, con tres premios en cada unha delasImage removed.Image removed.Image removed.

Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo

prensa@concellodecervo.com ou por

whatsapp ao 683 31 59 39

Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia

Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro.