A CAMPAÑA GALICIA SABE A MAR CHEGA AOS CENTROS ESCOLARES DE CERVO

O alumnado do IES Marqués de Sargadelos, puido desfrutar esta mañá dos petiscos da campaña da Consellería do Mar, "𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒔𝒂𝒃𝒆 𝒂 𝑴𝒂𝒓".

Unha das súas Foodtrucks estivo estacionada no centro esta mañá, e a rapazada desfrutou de deliciosas tapas elaboradas con materia prima de primeira calidade.

A alcadesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o centro para compartir co alumnado e o persoal docente a experiencia que naceu co obxectivo de fomentar e animar á poboación a consumir mariscos e peixes para ter unha dieta máis saudable, e tamén para amosar a versatilidade dos nosos produtos e poñer en valor o traballo da xente do mar.

Este venres, a campaña chegará ao CEIP de Cervo e ao CEIP Península da Paz, apoiada con diverso material informativo e didáctico, poñendo o foco sobre a importancia da actividade pesqueira e o marisqueo.