BRINCOS DE LECER COA RA RAMIRA, DENTRO DO PROGRAMA CORRESPONSABLES EN CERVO
Unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves en horario de 17:00 a 18:00 horas, financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura,
cada martes e xoves
en horario de 17:00 a 18:00 horas.
Os/as pequenos/as desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as!
As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura!
Ademais, recordade que tamén está aberto o prazo para anotarse aos OBRADOIROS TEMÁTICOS dirixidos AO ALUMNADO DE PRIMARIA que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura...
O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10:00 a 11:30 horas (de 1º a 3º de primaria); e de 11:30 a 13:00 horas (de 4º a 6º de primaria). Bulide!!