BANDO INFORMATIVO SOBRE A LIMPEZA DE FINCAS E XESTIÓN DA BIOMASA
A data límite para limpar as parcelas é o 31 de maio
O Concello de Cervo lembra a obrigatoriedade de manter limpas as parcelas para previr incendios forestais e protexer vivendas e persoas.
Que hai que facer?
Limpar e rozar as parcelas
Xestionar a biomasa vexetal
Retirar especies pirófitas e prohibidas (piñeiros, eucaliptos, acacias, silvas, toxos, etc.)
Onde afecta?
• Faixas de 50 metros arredor de:
Núcleos urbanos e rurais
Vivendas illadas, cámpings e urbanizacións
Instalacións industriais e outras construcións próximas ao monte
Prazo límite:
31 de maio de 2026
A limpeza das parcelas é fundamental para reducir o risco de incendios forestais e mellorar a seguridade de todos.