O CONCELLO DE CERVO APOIA A INICIATIVA DE ALCOA PARA PROMOVER A EDUCACIÓN AMBIENTAL ENTRE O ALUMNADO

reforestación alcoa

Escolares do CEIP Península da Paz participaron nunha xornada de sensibilización ambiental e plantación de 100 exemplares de especies autóctonas na contorna do encoro do Río Cobo.

Escolares do CEIP Península da Paz participaron nunha xornada de sensibilización ambiental e plantación de 100 exemplares de especies autóctonas na contorna do encoro do Río Cobo.

O Concello de Cervo pon en valor a iniciativa impulsada por Alcoa para achegar a educación ambiental á comunidade escolar e implicar as novas xeracións na conservación e recuperación dos espazos naturais.

A compañía celebrou este luns unha xornada de reforestación con escolares en terreos da súa propiedade situados na contorna do encoro do Río Cobo, na que participou alumnado do CEIP Península da Paz.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse á actividade para acompañar os nenos e nenas, ao profesorado e aos responsables de relacións coa comunidade de Alcoa, e coñecer de primeira man o desenvolvemento desta proposta. A rexedora agradeceu a Alcoa o convite e destacou o valor de iniciativas que permiten achegar a educación ambiental ás aulas e fomentar desde idades temperás o respecto pola natureza e o coidado da contorna.

A actividade combinou sensibilización ambiental e participación directa na recuperación do espazo natural. A xornada comezou cunha proposta educativa para achegar o alumnado ao coñecemento da biodiversidade local e á importancia de conservar os ecosistemas, para continuar posteriormente coa plantación de 100 exemplares de especies autóctonas, concretamente salgueiros e salgueiros negros, nas zonas previstas para a súa restauración.

Esta iniciativa terá continuidade mañá, martes 17 de novembro, cunha nova xornada na que participará alumnado do IES Marqués de Sargadelos. O programa completarase o vindeiro 23 de novembro coa participación de escolares do CEIP de Cervo.