UNHA INTERESANTE XORNADA PARA AFONDAR NO MUNDO DA ESPELEOLOXÍA EN CERVO
A Sala Cultural Xosé Vizoso, en Sargadelos, acolleu a xornada divulgativa "Entre o mar e o abismo", unha interesante proposta para descubrir de preto o fascinante mundo das exploracións subterráneas.
Da man de expertos do Espeleoclube Villaamil e Castro e do EC Rei Cintolo, as persoas asistentes puideron coñecer mellor as furnas da costa da Mariña e o traballo de exploración do Pozo Azul, unha cavidade de referencia internacional no ámbito do espeleobuceo.
Desde o Concello de Cervo agradecemos ao Espeleoclube Villaamil e Castro, a Pozo Azul Project e a todas as persoas asistentes a súa participación e implicación nesta iniciativa, que nos permite achegarnos ao patrimonio natural desde unha perspectiva diferente e descubrir o labor de investigación, esforzo e cooperación que hai detrás destas expedicións.