O CONCELLO DE CERVO ANIMA A ASISTIR Á TRADICIONAL FESTA DA CANDELARIA, EN RÚA, QUE SE CELEBRARÁ DO 31 AO 2 DE FEBREIRO

Festas da Candelaria

A cita contará coas mellores orquestras do panorama galego, coa París de Noia como cabeza de cartel 

O venres celebrarase ademais a II Festa dos Callos a partir das 21:00 horas, organizada pola SD Candelaria

A Discomóbil Conxuro será a encargada de estender a festa ata ben entrada a madrugada nas primeiras festas patronais da tempada que se celebrarán nunha carpa adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos

 

A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria a fin de semana do 31 ao 2 de febreiro.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polos membros da Comisión de Festas, Kevin e Roberto Balseiro, e por Míriam Villarquide, en representación da SD Candelaria, que celebrará o venres, 31, a II Festa dos Callos, que precederá ás actuacións da París de Noia, á Orquestra La Tremenda e á Discomóbil Conxuro.

Os tíckets, por un prezo de 12 euros por persoa, xa se poden adquirir en diferentes establecementos hostaleiros de toda A Mariña. O evento gastronómico está previsto para as 21:00 horas, e celebrarase nunha carpa pechada e climatizada, adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos.

A Festa continuará o sábado, 1 de febreiro, cunha misa solemne dan man do coro de Cervo ás 12:30 horas seguida de procesión e dunha sesión vermú a cargo da Orquestra Compostela; que repetirá á noitiña coa Orquestra Metrópolis e a Discomóbil Conxuro.

Xa o domingo, día da patroa, a misa solemne será ás 13:00 horas, cunha macro sesión vermú a cargo do Grupo Fénix.

A alcaldesa quixo poñer en valor o traballo da Comisión de Festas e tamén da SD Candelaria por conseguir organizar unhas festas que se prevén espectaculares, e destacou o orgullo que xera como alcaldesa “ver á mocidade tan involucrada e traballando con tanto esforzo, enerxía e entusiasmo para facer destas festas un evento especial para todos”. 

Para o Concello é unha honra poder colaborar na celebración destes festexos –engadiu- que “reflicten ademais o compromiso das novas xeracións coas nosas tradicións, tan arraigadas”.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a destrutar das primeiras festas patronais do ano, na honra á Virxe da Candelaria, que se prolongarán durante toda a fin de semana, cun programa repleto de actos.