SANCI TAPEANDO É A PROPOSTA DA HOSTALERÍA DE SAN CIPRIÁN PARA TODOS OS XOVES

Sumáronse á iniciativa 11 locais, que servirán tapas elaboradas a un prezo de euros

A hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello, presenta a súa proposta culinaria para todos os xoves, que foi bautizada como Sanci Tapeando.

 

Sumáronse á iniciativa, que arrinca mañá, 11 locais, que servirán cada semana a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2 euros.

 

Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.

 

As propostas para mañá xoves, 1 de febreiro, son as seguintes:

 

·        Bar Atxuri: ballacau ao Pil-Pil

·        Pizzería O Trasgo: taco de polo con salsa tártara

·        Bar Camarote: potas

·        Bar Candal: polo á coca-cola

·        Terraza O Noso Lar: filloas vermellas recheas de bacallau

·        Bar O Noso Lar: chopo de pemento do piquillo con petisco de pescada

·        Bar O Faro: botelo do Bierzo

·        Pizzería Las Titas: mini Calzone

·        Bar Maruxaina: luras enceboladas

·        Mesón A Bodega: zamburiñas con polvo

·        Bar Tola: cocido galego

 

Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.