SANCI TAPEANDO É A PROPOSTA DA HOSTALERÍA DE SAN CIPRIÁN PARA TODOS OS XOVES
Sumáronse á iniciativa 11 locais, que servirán tapas elaboradas a un prezo de euros

A hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello, presenta a súa proposta culinaria para todos os xoves, que foi bautizada como Sanci Tapeando.
Sumáronse á iniciativa, que arrinca mañá, 11 locais, que servirán cada semana a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.
As propostas para mañá xoves, 1 de febreiro, son as seguintes:
· Bar Atxuri: ballacau ao Pil-Pil
· Pizzería O Trasgo: taco de polo con salsa tártara
· Bar Camarote: potas
· Bar Candal: polo á coca-cola
· Terraza O Noso Lar: filloas vermellas recheas de bacallau
· Bar O Noso Lar: chopo de pemento do piquillo con petisco de pescada
· Bar O Faro: botelo do Bierzo
· Pizzería Las Titas: mini Calzone
· Bar Maruxaina: luras enceboladas
· Mesón A Bodega: zamburiñas con polvo
· Bar Tola: cocido galego
Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.