XORNADAS DE TAPEO DE CARNE DE POLDRO EN CERVO O SÁBADO 27 E O DOMINGO 28

 XORNADAS DE TAPEO DE CARNE DE POLDRO EN CERVO O SÁBADO 27 E O DOMINGO 28

 

§  Restaurante O Noso lar, Hostal Buenavista e a Pousada O Almacén son os tres establecementos que ofrecerán tapas gratis con cada consumición durante esta fin de semana

 

Cervo, 23 de novembro de 2021.- Durante as xornadas de sábado e domingo, tres establecementos hostaleiros do Concello de Cervo ofrecerán tapas gratuítas de carne de poldro.

 

O restaurante O Noso Lar, o Hostal Buenavista e a Pousada O Almacén son os tres locais que ofrecerán tapas gratuítas elaboradas con carne de poldro por cada consumición que se pida.

 

A carne de poldro que se degustará nestas xornadas foi facilitada pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega.