A PRAZA DO SOUTO DE CERVO ACOLLERÁ UNHA CONCENTRACIÓN DE ALFA ROMEO O SÁBADO 10 DE XUÑO
Participarán 15 vehículos clásicos procedentes de toda España, e presentaranse os dous últimos modelos que estarán a disposición do público

O Concello de Cervo recibirá o vindeiro sábado 10 de xuño, a visita dunha caravana de Alfa Romeo, formada por quince vehículos clásicos procedentes de diferentes puntos da xeografía española.
A expedición fará un percorrido por diferentes zonas do noso Concello, como o núcleo de San Ciprián, ou unha visita á fábrica de Sargadelos; xantarán en Cervo, onde a partir das 14:00 horas concentrarán os diferentes vehículos na Praza do Souto, que tamén acollerá a presentación dos dous últimos modelos desta Marca, que estarán dispoñibles para que os poidan probar os asistentes que o así o desexen.