A PRAIA DO TORNO VOLVERÁ LUCIR A BANDEIRA AZUL ESTE VERÁN

Un recoñecemento que pon en valor a calidade das nosas augas, os servizos, a seguridade e o compromiso co medio ambiente. A Bandeira Azul non é só un distintivo, é o reflexo dun traballo constante e do compromiso compartido entre a veciñanza e o Concello para coidar e poñer en valor o noso litoral.

A Praia do Torno volverá lucir un ano máis a Bandeira Azul!

Un recoñecemento que pon en valor a calidade das nosas augas, os servizos, a seguridade e o compromiso co medio ambiente. A Bandeira Azul non é só un distintivo, é o reflexo dun traballo constante e do compromiso compartido entre a veciñanza e o Concello para coidar e poñer en valor o noso litoral.

Todas as nosas praias, con ou sen distintivo, teñen algo especial: natureza, tranquilidade, beleza e identidade propia. Dende os areais máis coñecidos ata os recunchos máis agochados, cada praia suma e fai do noso litoral un lugar único para vivir e desfrutar.

https://www.xunta.gal/.../galicia-tera-este-ano-118...