O VASO DA PISCINA MUNICIPAL ESTARÁ OPERATIVO O VINDEIRO XOVES, 18 DE XANEIRO

A pesar de que se poden utilizar o gimnasio e a sauna con normalidade, aos socios só se lles pasará o recibo correspondente a medio mes

Imagen eliminada.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata a instalación para supervisar como van as tarefas de recuperación da temperatura da auga; logo de que a comezos de semana, unha avaría en Alcoa, provocase que a piscina quedara sen condensado; o que provocou o seu peche temporal.

 

Tal e como apuntaron, tamén se aproveitou o cese de actividade para acometer algunhas tarefas de mantemento; e avanzaron 'que aínda que os usuarios están a utilizar con normalidade o ximnasio e a sauna, aos socios só se lles pasará un recibo corresponde a medio mes'.