O CONCELLO DE CERVO SEGUE MEDRANDO DA MAN DA ACUICULTURA E DA INNOVACIÓN
A alcaldesa Dolores García Caramés, participou, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na inauguración da ampliación da planta de Stolt Sea Farm, e na colocación simbólica da primeira pedra da nova planta de engorde de linguado, unha actuación estratéxica que reforza a posición de Cervo como referente europeo no sector da acuicultura.

Esta ampliación representa unha excelente noticia para o noso concello, xa que supón un importante impulso económico e industrial, contribuíndo á creación de emprego e á fixación de poboación. O proxecto prevé a xeración de postos de traballo directos e indirectos, fortalecendo o tecido produtivo local e abrindo novas oportunidades para os veciños e veciñas de Cervo e da comarca.
A alcaldesa destacou una súa intervención que "esta ampliación é unha excelente noticia para Cervo, porque significa máis emprego, máis investimento e máis futuro para o noso municipio. A colaboración entre as administracións e empresas como Stolt Sea Farm demostra que Cervo é un lugar atractivo para seguir medrando e xerando oportunidades."
Así mesmo, agradeceu "o compromiso da Xunta de Galicia e do presidente Alfonso Rueda co desenvolvemento industrial e económico de Cervo, apoiando proxectos que consolidan o noso concello como un referente no sector da acuicultura."
Seguiremos traballando para atraer investimentos que xeren riqueza, emprego e futuro para Cervo.