O CONCELLO DE CERVO PECHA AS SÚAS INSTALACIÓNS DEBIDO Á FOLGA XERAL CONVOCADA NA MARIÑA O VINDEIRO 17 DE NOVEMBRO

 O CONCELLO DE CERVO PECHA AS SÚAS INSTALACIÓNS DEBIDO Á FOLGA XERAL CONVOCADA NA MARIÑA O VINDEIRO 17 DE NOVEMBRO

 

§  Ao longo dese día tan só permanecerán activos os servizos esenciais

 

Cervo, 15 de novembro de 2021.- O Concello de Cervo pecha as súas instalacións debido á folga xeral convocada na Mariña o vindeiro 17 de novembro.

 

Como mostra de apoio, decidiuse pechar todos os servizos municipais, agás aqueles que son considerados de carácter básico, que son os seguintes:

 

-      Rexistro

-      Policía Local

-      Servizo de emerxencias (GES)

-      Servizo de axuda no fogar

-      Recollida de lixo e mantemento

 

Apunta o rexedor, Alfonso Villares: “desde o equipo de goberno do Concello de Cervo acordamos decretar o peche dos servizos municipais non básicos”.