O CONCELLO DE CERVO IMPARTIU UNHAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN SEXUAL NO I.E.S. MARQUÉS DE SARGADELOS A TRAVÉS DA PSICÓLOGA E SEXÓLOGA RAQUEL GRAÑA
O alumnado dos diferentes cursos recibiu estes días información e pautas para establecer relacións afectivas e sexuais dun modo axeitado

A delegación de Educación e Xuventude do Concello de Cervo organizou unhas charlas sobre Educación Sexual que estiveron impartidas pola Psicóloga e Sexóloga Raquel Graña, coach educativa que colabora con medios como Muy Interesante ou Ser Padres.
Trátase dunha acción formativa e informativa dirixida á rapazada dos catro cursos da ESO.
A edil de Educación, Dolores García Caramés, compartiu co alumnado algunha das sesións nas que se incidiu moito na importancia da comunicación nas relacións afectivas e sexuais.
Caramés sinalou a importancia de que os nenos e nenas adquiran a información e a formación necesaria para poder establecer relacións, tanto afectivas como sexuais, dun xeito apropiado.