O CONCELLO DE CERVO FOI O ESCENARIO ESTA MAÑÁ DUNHA DEMOSTRACIÓN TECNOLÓXICA SOBRE TRANSPORTE E MOBILIDADE AÉREA AUTÓNOMA, ORGANIZADA POLO INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA
OCONCELLO DE CERVO FOI O ESCENARIO ESTA MAÑÁ DUNHA DEMOSTRACIÓN TECNOLÓXICA SOBRE TRANSPORTE E MOBILIDADE AÉREA AUTÓNOMA, ORGANIZADA POLO INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA
§ O Concello ten un acordo de colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) polo cal lle cede unha parcela no Polígono Industrial de Cuíña de 2.365 m2
- Representantes de diversos sectores empresariais acudiron esta mañá ao parque empresarial para interesarse polas diferentes posibilidades que ofrecen os drons en materia de mobilidade aérea
Cervo, 21 de outubro de 2021.- O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, visitaron esta mañá a parcela que foi cedida pola Administración local ao Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) no Polígono Industrial de Cuíña.
O ITG levou a cabo durante a mañá de hoxe unha demostración tecnolóxica sobre transporte e mobilidade aérea autónoma ante empresarios de diferentes sectores co obxectivo de mostrar a diversificación e posibilidades que os drons poden atender.
Para o alcalde Alfonso Villares “é satisfactorio ver como se seguen dando pasos neste proxecto tecnolóxico, que naceu froito da aposta que fixemos, xa hai case 6 anos, a través da cesión ao ITG da parcela 165 do Polígono de Cuíña que conta cunha superficie de 2.365 m2”.
Apunta o rexedor que “con este acordo intentamos apostar por un sector como o dos drons, que hoxe en día se sitúa á vangarda tecnolóxica e coloca ao noso Concello nunha posición estratéxica e privilexiada en materia de innovación e desenvolvemento a nivel nacional”. Quixo recalcar tamén “o gran beneficio que supón para o noso municipio que empresas e organizacións se establezan aquí, diversificando a actividade e abrindo novos camiños empresariais”.