O CONCELLO DE CERVO ESTÁ A COLABORAR COA S.D. CERVO SARGADELOS NA POSTA A PUNTO DA BIDUEIRA NESTE INICIO DE TEMPADA

Trátase dunha acción puntal que se levou a cabo a petición da entidade

  • Operarios municipais cortaron o céspede do campo, aplicaron un abonado de cobertera e están a facer un tratamento específico para a eliminación das malas herbas

O Concello de Cervoestá a colaborar coa Sociedade Deportiva Cervo Sargadelos na posta a punto do campo da Bidueira neste inicio de tempada. Trátase dunha acción puntual que se levou a cabo a petición da entidade.

O rexedor, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados por Ramón Luis Bernardo, da directiva do club, estiveron vendo in situ os traballos que están a desenvolver estes días os operarios municipais, “que procederon ao cortado do céspede do campo, aplicándolle un abonado de cobertera e un tratamento específico para a eliminación das malas herbas e das follas anchas”.