O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR NA ROMARÍA DE SARGADELOS QUE SE CELEBRA MAÑÁ E PASADO
Mañá martes, terá lugar a I Espetada Moura, unha iniciativa xove dun grupo de mozos e mozas do municipio
- Desde as 16:00 horas, haberá paintball, tiro con arco e un rocódromo
- Á partir das 20:00 horas serviranse espetadas mouras (pinchos morunos, en castelán) e a continuación haberá Disco móbil
- Xa o mércores 25, haberá misa solemne, procesión, e sesión vermú a cargo do dúo Eclipse

O Concello de Cervo convida a participar nos actos da Romaría de Sargadelos, na honra a Santiago Apóstolo.
Mañá martes, desde as 16:00 horas terá lugar a I Espetada Moura (pincho moruno en castelán); unha iniciativa xove dun grupo de mozos e mozas do municipio, que acompañados pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe a axenda de actividades. Haberá paintball, tiro con arco e rocódromo, de balde para as persoas asistentes. Será unha xornada solidaria, na que se recollerán alimentos que serán doados a
Ás 20.00 horas está previsto que se comecen a servir as espetadas mouras, e a continuación haberá DJ.
Xa o mércores, 25 de xullo, ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión; e, a continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Eclipse.