O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NO II MAGOSTO MUSICAL DE FOL DO RAXAL ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁN

Presentación magosto fol do raxal

A cita está organizada pola asociación  Fol do Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes Veciñais de San Román de Vilaestrofe.

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no II Magosto Musical, unha cita festiva que combina música tradicional, gastronomía e convivencia veciñal e que terá lugar este mesmo sábado, 24 de outubro, a partir das 18:00 horas, no pavillón de San Román.

A cita está organizada pola asociación  Fol do Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes Veciñais de San Román de Vilaestrofe.

A xornada contará coas actuacións de Caxoto Contacontos, Pandeireteiras da Sementeira, O Arco da Vella e Fol do Raxal. Ademais, as persoas asistentes poderán gozar de comida, bebida e castañas de balde.

Ao rematar as actuacións, a festa continuará cunha foliada libre, aberta á participación de todas as persoas que queiran sumarse e compartir a música e a tradición.

Desde o Concello de Cervo anímase a toda a veciñanza a achegarse a San Román e gozar desta proposta, que contribúe a manter vivas as tradicións e a fortalecer a convivencia e a participación comunitaria.