O CONCELLO DE CERVO ACOLLE ESTA SEMANA O CAMPUS DE BALONCESTO DROCER, APOSTANDO POLO DEPORTE E OS HÁBITOS SAUDABLES ENTRE AS CRIANZAS
Na xornada de hoxe, a alcaldesa de Cervo visitou o campus para saudar ao alumnado participante e ao adestrador responsable, David M.P., interesándose polo desenvolvemento das sesións e compartindo uns momentos cos rapaces e rapazas.
O Concello de Cervo acolle esta semana o Campus de Baloncesto DROCER, que se está a celebrar no Pavillón da Veiga, dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2015 e 2018, que están a desfrutar dun completo programa de adestramentos e actividades deportivas.
Na xornada de hoxe, a alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou o campus para saudar ao alumnado participante e ao adestrador responsable, David M.P., interesándose polo desenvolvemento das sesións e compartindo uns momentos cos rapaces e rapazas.
A rexedora puxo en valor este tipo de iniciativas, que "ofrecen aos máis pequenos a oportunidade de seguir practicando deporte durante o verán, aprendendo valores tan importantes como o esforzo, o compañeirismo, o respecto e o traballo en equipo, ao tempo que adquiren hábitos de vida saudables".
A alcaldesa tamén quixo agradecer "o traballo e a implicación do equipo organizador e do adestrador, que fan posible unha actividade de gran calidade, na que os nenos e nenas aprenden, melloran e, sobre todo, desfrutan do baloncesto nun ambiente educativo e divertido".
A rexedora puido constatar a gran actitude e as ganas de aprender que está demostrando todo o grupo, agardando que leven unha experiencia positiva, fagan amizades e sigan colléndolle gusto ao baloncesto".
Desde o Concello de Cervo reafírmanse no compromiso de continuar apoiando actividades deportivas dirixidas á infancia e á mocidade, contribuíndo a promover un ocio saudable e activo durante o período estival.