O ALUMNADO DO CEIP DE CERVO INAUGURA O PROGRAMA CAPITÁN MAREAS

A iniciativa está promovida por Vegalsa-Eroski co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O alumnado de 5° e 6° do CEIP de Cervo inaugurou este martes o novo programa educativo "Capitán Mareas"

Promovido por Vegalsa-Eroski co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A alcaldesa Dolores García Caramés estivo compartindo tamén a experiencia coa rapazada do centro nas instalacións da confraría de pescadores de Burela.

Nesta primeira cita tiveron a oportunidade de coñecer o traballo da frota pesqueira, realizaron diferentes retos, e participaron nun taller de cociña no que elaboraron unha deliciosa receita de “Brioche de pescada á galega”, para afondar tamén na importancia dunha dieta saudable en base a produtos de calidade do noso mar.

Parabéns por esta fantástica iniciativa que percorrerá diferentes lonxas galegas e asturianas.