A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CELEBRA O MAGOSTO

magosto escola infantil

As crianzas participaron nunha divertida proposta de manipulación e experimentación con castañas cocidas, follas, paus, carocas, lousas e cortizas das árbores, explorando as súas texturas e posibilidades. Tamén realizaron actividades artísticas con pinturas de cores outonais, pinceis e esponxas para decorar carocas.

A Escola Infantil Municipal de Cervo celebrou este venres o Magosto cunha xornada chea de actividades para achegarlles aos máis pequenos as tradicións e os elementos propios do outono.

As crianzas participaron nunha divertida proposta de manipulación e experimentación con castañas cocidas, follas, paus, carocas, lousas e cortizas das árbores, explorando as súas texturas e posibilidades. Tamén realizaron actividades artísticas con pinturas de cores outonais, pinceis e esponxas para decorar carocas.

Ademais, coñeceron como se preparan as castañas no forno e desfrutaron de contos sobre a castañeira e o outono.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o centro para compartir esta xornada coas crianzas e co equipo educativo.

Unha mañá para aprender, experimentar e desfrutar do outono a través do xogo e das nosas tradicións!

magosto escola