CERVO XA SE PREPARA PARA A XLV QUEIMADA POPULAR DO VINDEIRO SÁBADO, 19 DE AGOSTO

Ás 10:00 horas está prevista a apertura do XXVII Mercado Tradicional e a mediodía será o pregón das autoridades que percorrerán o mercado acompañado do grupo Medio Quiñón

Pola tarde haberá actuacións de diferentes grupo musicais da contorna, que amenizarán a xornada

Ás 23:45 horas será a representación e a continuación actuarán os gruposAstarot, a Banda de Balbina e a Charanga Santa Compaña

A Festa está Declarada de Interese Turístico Galego

A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 19 de agosto, a XLVQueimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez o edil de Turismo, David Rodríguez,os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arrincarán ás 10:00 horas, coa apertura do Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo Medio Quiñón

Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 14:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo deAstarot, a Banda de Balbina e a Charanga Santa Compaña.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.