A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ UNHA ACTUACIÓN MOI ESPECIAL DO GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO PIMPIM O VINDEIRO XOVES 22 DE XUÑO
- Os pequenos levan ensaiando varios meses para amosar o seu talento ante o público
- A cita será no Auditorio da Casa da Cultura, ás 20:00 horas

O Concello de Cervo convida a todos, veciños, familiares e visitantes, a que asistan ao espectáculo do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPin, que terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.
O Grupo, formado por uns 40 pequenos, leva ensaindo intensamente varios meses da man da edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, para amosar o seu talento ante o público.
Caramés anunciou que a actuación é unha sorpresa que non deixará indiferente a ninguén, e avanzou que terá que ver cun formato televisivo de éxito no que os nenos e nenas deixarán boa mostra das súas habilidades escénicas e interpretativas.