A ANPA DO CEIP PENÍNSULA DA PAZ ORGANIZOU UNHA CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS

PLAN ACCIÓ PENINSULA

 A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tamén estivo presente na actividade, acompañando á comunidade educativa e comprobando de primeira man o interese que suscitou esta proposta formativa.

QUE BOA INICIATIVA DA ANPA DO CEIP PENÍNSULA DA PAZ! 

As crianzas e familias do CEIP Península da Paz participaron nunha interesante charla de primeiros auxilios impartida polo médico anestesista Francisco Muñoz González, do Hospital Público da Mariña, nunha actividade promovida pola ANPA do centro ao abeiro dun novo Plan de Acción de Alcoa.

 Durante a xornada,  puideron coñecer pautas e recomendacións básicas para saber como actuar ante diferentes situacións de emerxencia, adquirindo coñecementos útiles e prácticos para o día a día.

 A actividade espertou un grande interese entre as crianzas e as familias participantes, que seguiron con atención as explicacións e participaron activamente ao longo da charla.

 A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tamén estivo presente na actividade, acompañando á comunidade educativa e comprobando de primeira man o interese que suscitou esta proposta formativa.

Desde o Concello de Cervo queremos aplaudir e poñer en valor a iniciativa da ANPA do CEIP Península da Paz e a súa implicación na organización de actividades de interese para as crianzas e as familias, así como agradecer ao doutor Francisco Muñoz González a súa participación.

 Unha nova iniciativa impulsada polo tecido asociativo e educativo de Cervo ao abeiro do Plan de Acción de Alcoa.

Parabéns!