A ALCALDESA DESEXOULLE MOITA SORTE AO ALUMNADO DO IES MARQUÉS DE SARGADELOS NA PAU
A rexedora destacou a súa dedicación ao longo do curso e animounos a afrontar estes exames con tranquilidade e seguridade nas súas capacidades: “Chegades a este momento despois de moitos meses de preparación. Estou convencida de que o voso esforzo dará os seus froitos.”
Este martes comezan as probas da PAU
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo trasladarlle persoalmente unha mensaxe de ánimo e confianza ao alumnado de 2º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos que afronta desde hoxe as Probas de Acceso á Universidade.
Moita sorte a Cecilia, Iker, Yago, Daniel, Cristian, Sara, Nuria, Iago e Daniel que chegan a este momento tras meses de esforzo, constancia e traballo.
A rexedora destacou a súa dedicación ao longo do curso e animounos a afrontar estes exames con tranquilidade e seguridade nas súas capacidades: “Chegades a este momento despois de moitos meses de preparación. Estou convencida de que o voso esforzo dará os seus froitos.”
Tamén tivo palabras de agradecemento para o profesorado e as familias, polo apoio e acompañamento brindado ao alumnado durante esta etapa.
Moito ánimo e moita sorte nesta nova meta! Estamos seguros de que estaredes á altura do reto.