28/06/2016. O Concello colabora coa ANPA do Colexio de Cervo para renovar os baños de dúas clases de infantil.
O Concello cervense colabora coa asociación de nais e pais de alumnos (Anpa) do colexio de Cervo para renovar os baños de dúas clases de Infantil do centro, que foi visitado polo alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, e pola concelleira de Educación, Dolores García Caramés.
A edil de Educación explicou hoxe que 'a Anpa do colexio de Cervo retirou partes dos baños de dúas clases de Infantil. Foi nunha xornada na que se xuntaron varios padres e membros da Anpa, entre eles Mari Luz Álvarez, Remedios Fernández e María José Iglesias. Tamén estiveron Benedicto García, Benedicto Fernández e Antonio Abad, pais e avós de nenos e nenas do colexio que colaboraron na maior parte da obra e aos que a Anpa lles agradece a súa colaboración. A asociación de nais e pais leva a cabo este proxecto aportando o material necesario para a obra, valorado en 5.000 euros aproximadamente, e o Concello executará a obra nos próximos días para que en setembro estea rematada a instalación dos baños renovados'
Dolores García destacou que 'o Concello de Cervo colabora con todas as iniciativas das Anpas dos colexios, xa que considera que ten gran importancia apoiar a etapa escolar'.