GUATEQUE DE ARRUGUIÑAS
-
ESTE PRÓXIMO SÁBADO TEMOS NOVO GUATEQUE DE ARRUGUIÑAS!
Seguimos desfrutando das tardes de música, baile e boa compañía con unha nova edición do Guateque de Arruguiñas, desta vez no Local Social de Lieiro.
Nesta ocasión contaremos con Manu Contre e Diego Muchy, ex-cantantes da Orquestra Salsarena, que nos farán bailar e gozar dunha tarde moi especial.
E, para completar a festa, chocolate con churros para os asistentes!
Sábado, 14 de novembro
Local Social de Lieiro
Ás 20:00 horas.
coa colaboración da asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, á que agradecemos a súa implicación.
Anímate a participar! En Arruguiñas sempre hai ganas de pasalo ben!