A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CELEBROU O SAMAÍN
Os pequenos e pequenas viñeron vestidos para a ocasión e gozaron dun divertido picoteo con propostas moi especiais: lambetadas e petiscos que simulaban pantasmas, cabazas, vasoiras de bruxa, cadaleitos e outras figuras propias destas datas.
A nosa Escola Infantil Municipal encheuse de maxia, diversión e moitos disfraces para celebrar o Samaín.
Os pequenos e pequenas viñeron vestidos para a ocasión e gozaron dun divertido picoteo con propostas moi especiais: lambetadas e petiscos que simulaban pantasmas, cabazas, vasoiras de bruxa, cadaleitos e outras figuras propias destas datas.
E a festa continuou no patio, onde non faltaron os bailes, as cancións típicas do Samaín e, sobre todo, as ganas de pasalo ben!
Unha xornada chea de sorrisos, ilusión e momentos compartidos para vivir o Samaín da maneira máis divertida.
Grazas ao equipo da Escola Infantil Municipal por facer posible esta celebración tan especial!
E este venres e sábado seguimos! O venres nas Escolas Vellas de Cervo Festa de Samaín con Ariños do Xunco e o sábado será na Casa do Mar en San Ciprián.