O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR NAS GRANDES FESTAS DE TRASBAR, QUE ARRINCAN ESTE MÉRCORES
As festas, organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, contan coa colaboración do Concello de Cervo e inclúen diferentes propostas musicais e os tradicionais actos relixiosos na honra de Santa Eufemia, a Virxe do Carme e San Antonio.
As celebracións, organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, coa colaboración do Concello, desenvolveranse os días 16, 18, 19 e 20 de setembro cunha programación que combina actos relixiosos, música, verbenas e sesións vermú
O Concello de Cervo convida á veciñanza e a todas as persoas que desexen achegarse a participar nas Grandes Festas de Trasbar, que darán comezo este mércores, 16 de setembro, e continuarán durante a fin de semana, os días 18, 19 e 20, cunha completa programación para desfrutar destas tradicionais celebracións.
As festas, organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, contan coa colaboración do Concello de Cervo e inclúen diferentes propostas musicais e os tradicionais actos relixiosos na honra de Santa Eufemia, a Virxe do Carme e San Antonio.
PROGRAMACIÓN
MÉRCORES, 16 DE SETEMBRO
13:00 horas: Misa solemne na honra a Santa Eufemia e, a continuación, actuación de Foles de Viveiro.
VENRES, 18 DE SETEMBRO
23:00 horas: Discoteca móbil Conxuro.
SÁBADO, 19 DE SETEMBRO
14:00 horas: Misa solemne e procesión na honra a Santa Eufemia.
A continuación: Sesión vermú coa orquestra Alabama.
22:30 horas: Verbena coa orquestra Alabama e discoteca móbil Conxuro.
DOMINGO, 20 DE SETEMBRO
13:00 horas: Misa solemne e procesión na honra á Virxe do Carme e San Antonio.
A continuación: Sesión vermú co Dúo Epok.
21:00 horas: Misa solemne na Capela de Arriba, cantada polo Coro de Cervo.
Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza de todo o municipio a achegarse a Trasbar e participar nestas festas, gozando dunha programación pensada para compartir e desfrutar en comunidade.
Na presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural Adrián Arias, con membros da asoc. de veciños do Burgo de Trasbar.