TODO LISTO PARA A III MINI BTT MEDELA MTB DESTE SÁBADO NO POLÍGONO DE CUÍÑA!
Un traballo conxunto que permitirá que todo estea a punto para unha xornada na que o deporte de base, a convivencia e a diversión serán os grandes protagonistas.
Integrantes da Asociación Deportiva Medela MTB e voluntarios e voluntarias de Alcoa sumaron esforzos, ao abeiro do Plan de Acción Alcoa, para que o escenario da proba estea preparado para recibir ás pequenas e pequenos participantes.
Un traballo conxunto que permitirá que todo estea a punto para unha xornada na que o deporte de base, a convivencia e a diversión serán os grandes protagonistas.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse para compartir este momento co equipo do Medela MTB e cos voluntarios e voluntarias de Alcoa e coñecer de primeira man os preparativos da cita.
Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a enorme implicación do Medela MTB e a colaboración de Alcoa e das persoas voluntarias que están detrás desta iniciativa. Unha aposta polo deporte de base e pola nosa rapazada que conta co apoio do Concello desde os seus inicios.
Grazas a todas e todos por facer posible esta nova edición!
Este sábado, toca desfrutar das bicicletas no Polígono de Cuiña.
Vémonos na III Mini BTT Medela MTB!