O CONCELLO DE CERVO MELLORA O CAMIÑO DE GRASNAL, EN VILADESUSO, PARA REFORZAR A SEGURIDADE E FUNCIONALIDADE DA VÍA

Grasnal Viladesuso

A intervención tivo como obxectivo mellorar as condicións de uso, seguridade e funcionalidade deste vial municipal, que dá servizo de maneira directa e indirecta a diversas parcelas agrícolas e propiedades da zona.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, acompañados polo pedáneo da zona, Rubén Fernández, supervisaron o resultado dos traballos realizados no camiño de Grasnal, en Viladesuso, unha actuación financiada integramente con fondos propios do Concello de Cervo.

A intervención tivo como obxectivo mellorar as condicións de uso, seguridade e funcionalidade deste vial municipal, que dá servizo de maneira directa e indirecta a diversas parcelas agrícolas e propiedades da zona.

Os traballos centráronse especialmente na mellora do firme e do sistema de drenaxe. Así, actuouse nos tramos que presentaban un maior deterioro, realizando labores de regularización e preparación da superficie e a extensión dunha nova capa de rodadura, mantendo a natureza e funcionalidade do camiño existente.

A actuación tamén contemplou a mellora da evacuación das augas pluviais mediante a execución de novas tajeas, reforzadas con formigón, así como a limpeza, reperfilado e acondicionamento das cunetas existentes. Concretamente, o proxecto recolle actuacións sobre unha superficie total de 3.210 metros cadrados, ademais da intervención en diferentes elementos de drenaxe.

O investimento da actuación ascendeu a 47.702,58 euros, asumidos integramente con fondos propios municipais.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou que Imagen eliminada.“seguimos traballando para mellorar as infraestruturas viarias do noso rural, atendendo ás necesidades da veciñanza e actuando sobre aqueles puntos nos que é necesario intervir para garantir unhas condicións adecuadas de seguridade e circulación”.

“Neste caso, ademais de mellorar o firme do camiño, prestamos especial atención ao drenaxe, que é fundamental para evitar o deterioro da vía e garantir que se manteña en boas condicións durante máis tempo”, sinalou.

García Caramés puxo en valor que “se trata dunha actuación financiada integramente con fondos propios do Concello, o que nos permite seguir avanzando na mellora e conservación das vías municipais e no compromiso que mantemos coa zona rural de Cervo”.

Desde o Goberno municipal sinalan que este tipo de actuacións forman parte do traballo continuo de conservación e mantemento da rede viaria municipal, co obxectivo de favorecer unha circulación máis cómoda e segura e mellorar os accesos ás vivendas, propiedades e parcelas agrícolas do rural. O proxecto define precisamente como finalidade reforzar a comodidade, seguridade, accesibilidade e funcionalidade do camiño.