ÉXITO DO I CONCURSO DE PUZZLES “SARGADELOS PEZA A PEZA” NA SALA CULTURAL XOSÉ VIZOSO

puzzles

As persoas participantes destacaron especialmente a boa organización do certame e a orixinalidade do puzzle, deseñado de maneira personalizada e vinculado a Sargadelos. Unha peza única que, ademais de supoñer un reto durante o concurso, permitiu levar para a casa un recordo diferente e especial do lugar. 

A Sala Cultural Xosé Vizoso, nas Carboeiras, acolleu este domingo a primeira edición do concurso “Sargadelos Peza a Peza”, unha proposta organizada por Hai Laran  coa colaboración do Concello de Cervo, que deixou moi bo sabor de boca entre as parellas participantes. 

Primeiro premio: María Jesús e Laura, parella procedente de Pontevedra, cun tempo de 54 minutos e 54 segundos.

 Segundo premio: Lucía e María, parella de Xixón, cun tempo de 1 hora, 3 minutos e 5 segundos.

 Terceiro premio: Fátima e Manuel,  parella da Coruña, cun tempo de 1 hora, 7 minutos e 36 segundos.

 Mellor parella local: Marta e Diego

As persoas participantes destacaron especialmente a boa organización do certame e a orixinalidade do puzzle, deseñado de maneira personalizada e vinculado a Sargadelos. Unha peza única que, ademais de supoñer un reto durante o concurso, permitiu levar para a casa un recordo diferente e especial do lugar. 

 A xornada deixou tamén ganas de repetir, polo que esta primeira edición apunta a ser o comezo dunha proposta con continuidade.

 O concelleiro de Deportes, David Rodríguez, foi o encargado de entregar os premios ás parellas gañadoras.

 Parabéns ás persoas participantes e, especialmente, a Hai Larán por impulsar esta iniciativa e contribuír a sumar novas propostas de ocio e participación no noso concello.

 Peza a peza, Sargadelos segue creando experiencias!