O CONCELLO DE CERVO ENTREGA OS PREMIOS DO CERTAME DO DÍA DO LIBRO E REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA PROMOCIÓN DA LECTURA

entrega premios libro

O Concello de Cervo celebrou a entrega dos premios do Certame do Día do Libro, unha iniciativa que busca fomentar a lectura, a escritura e a creatividade entre persoas de todas as idades.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar os galardóns ás persoas premiadas, acompañada pola concelleira Mali Méndez.

Na categoría Infantil, os premios foron para Celia Blanco, Mara Blanco  e Nuno Villares , que crearon os seus propios marcapáxinas.

Na categoría de Primaria, resultaron premiados Laia Rodríguez , Paula Martínez  e un empate no terceiro premio entre Jesús López e Samuel Riera.

Na categoría de Adultos, o primeiro premio foi para "Unha receita para a felicidade", de Sonia Corral  ; o segundo para “O merodeador da néboa", de Manuel Fernández , e o terceiro para "Ou lobo ou o can", de Xolo 

O Concello tamén quixo recoñecer e agradecer a participación de todos os que presentaron os seus traballos, destacando a elevada calidade das pezas presentadas.

Durante o acto, a alcaldesa felicitou ás persoas gañadoras, e a implicación das familias e de todas as persoas participantes, e puxo en valor esta iniciativa cultural.

"A lectura abre portas ao coñecemento, á creatividade e á imaxinación. Este certame é unha oportunidade para descubrir novos talentos e para seguir fomentando o gusto polos libros e pola escritura entre a veciñanza de todas as idades”, destacou a rexedora.

Desde o Concello de Cervo reiteran o seu compromiso coa promoción da cultura e da lectura a través de iniciativas que contribúan a estimular a creación literaria e a participación cidadá.