O CONCELLO DE CERVO INSTALOU UN DESFIBRILADOR EN CADA UN DOS CENTROS QUE XESTIONA A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA NO MUNICIPIO

DESA SAÚDE MENTAL

Días atrás tamén se formou a todo o persoal no uso e manexo destes dispositivos

O Concello de Cervo vén de instalar cadanseu desfibrilador semiautomático nos centros que xestiona a asociación Saúde Mental A Mariña no municipio -–tanto no da Senra, como no da Praza dos Souto- que están xeolocalizados polo 061 e son dispositivos de acceso público dispoñibles as 24 horas ao día para dar servizo a toda a cidadanía ao mesmo tempo, creando dous novos espazos cardioprotexidos.

O persoal da asociación recibiu ademais días atrás formación teórico-práctica para poder dar resposta ante as principais situacións de urxencia-emerxencia “co obxectivo de buscar a máxima seguridade e a excelencia no trato ás persoas usuarias”.